Esta plantilla serve para crear e publicar sitios estáticos usando GitHub Pages.
- Crea un repositorio a partir desta plantilla
- Habilita GitHub Pages:
- En GitHub, vai ao repositorio creado a partir desta plantilla → "Settings" → "Pages".
- No apartado "Build and deployment" → "Source", escolle "Deploy from a branch". Selecciona o branch "main", e folder "/ (root)".
- Garda e despois duns minutos nesta mesma sección verás unha mensaxe de "Your site is live at XXXX".
- No dominio que se quere empregar, na configuración DNS, engadir un rexistro tipo CNAME
wwwapuntando anumaxlab.github.ioe outro tipo ANAME@apuntando anumaxlab.github.io. - En GitHub, vai ao repositorio → "Settings" → "Pages" → "Custom domain", escribe o dominio (con www) e dálle a gardar.
- Agarda uns minutos para que GitHub poida comprobar a configuración DNS e despois aparecerá nesta sección de configuración de GitHub Pages "Your site is live at https://www.dominio.gal".
- Marcar "Enforce HTTPS".
- É obrigatorio que exista, como mínimo, o arquivo index.html na raíz do repositorio.
- Pódense crear todas as páxinas html necesarias e enlazalas entre elas.
- Pódese crear carpetas con imaxes, css, js e empregar os arquivos desde o html.